                                   Tux Paint
                                 versión 0.9.26
                          Documentación da instalación

    Copyright © 2002-2021 por varios colaboradores; vexa AUTHORS (AUTORES).
                            http://www.tuxpaint.org/

                               9 de Marzo de 2021

     ----------------------------------------------------------------------

Requisitos:

  libSDL

       Tux Paint require a «Simple DirectMedia Layer Library (libSDL)», unha
       biblioteca de programación multimedia de código aberto dispoñíbel
       baixo a licenza pública GNU Lesser General Public License (LGPL).

       Xunto con libSDL, Tux Paint depende doutras bibliotecas «de axuda» de
       SDL: SDL_Image (para ficheiros gráficos), SDL_TTF e (opcionalmente)
       SDL_Pango (para compatibilidade de tipo True Type) e, opcionalmente,
       SDL_Mixer (para efectos de son).

    Usuarios de Linux/Unix:

         As bibliotecas SDL están dispoñíbeis como código fonte ou como
         paquetes RPM ou Debian para varias distribucións de Linux. Pódense
         descargar dende:

           * libSDL: http://www.libsdl.org/
           * SDL_Image: http://www.libsdl.org/projects/SDL_image/
           * SDL_TTF: http://www.libsdl.org/projects/SDL_ttf/
           * SDL_Pango: http://sourceforge.net/projects/sdlpango/ (opcional)
           * SDL_Mixer: http://www.libsdl.org/projects/SDL_mixer/ (opcional)

         Normalmente tamén están dispoñíbeis xunto coa súa distribución de
         Linux (p. ex.: nun medio de instalación ou dispoñíbeis a través dun
         software de mantemento de paquetes como «apt» de Debian).

         Nota: Cando instale bibliotecas a partir de paquetes, asegúrese de
         instalar TAMÉN as versións de desenvolvemento dos paquetes. (Por
         exemplo, instale tanto «SDL-1.2.4.rpm» como «SDL-1.2.4-devel.rpm».).

  Outras bibliotecas

       Tux Paint tamén aproveita outras bibliotecas libres con licenza LGPL.
       En Linux, do mesmo xeito que SDL, deberían estar xa instaladas ou
       estar dispoñíbeis para a súa instalación como parte da súa
       distribución de Linux.

    libPNG

         Tux Paint utiliza o formato PNG (Portable Network Graphics –
         Gráficos de Rede Portátiles) para os seus ficheiros de datos. A
         imaxe SDL requirirá a instalación de libPNG.

         http://www.libpng.org/pub/png/libpng.html

    gettext

         Tux Paint utiliza a configuración local do sistema xunto coa
         biblioteca «gettext» para admitir varios idiomas (p. ex., o
         español). Necesitará ter a biblioteca gettext instalada.

         http://www.gnu.org/software/gettext/

    libpaper (Só Linux/Unix)

         A partir de Tux Paint 0.9.17, Tux Paint pode determinar o tamaño de
         papel predeterminado do seu sistema (p. ex.: A4 ou Carta), ou
         pódeselle indicar que use un tamaño de papel particular, grazas a
         «libpaper».

         https://github.com/naota/libpaper

    FriBiDi

         As ferramentas «Texto» e «Etiqueta» de Tux Paint admiten linguaxes
         bidireccionais grazas á biblioteca «FriBiDi».

         http://fribidi.org/

    Compatibilidade de SVG

         A partir de Tux Paint 0.9.17, Tux Paint pode cargar imaxes SVG
         (Scalable Vector Graphics — Gráficos Vectoriais Escalábeis) como
         selos. Admítense dous conxuntos de bibliotecas e pódese desactivar
         completamente a compatibilidade SVG (a través de «make SVG_LIB:=»)

      librsvg-2 & libCairo2 (bibliotecas máis recentes)

           * libRSVG 2: http://librsvg.sourceforge.net/
           * Cairo 2: http://www.cairographics.org/
           * Estes tamén dependen do seguinte:
                * GdkPixbuf & GLib: http://www.gtk.org/
                * Pango: http://www.pango.org/

      Bibliotecas SVG máis antigas

           * libcairo1, libsvg1, & libsvg-cairo1:
             http://www.cairographics.org/
           * Estes tamén dependen do seguinte:
                * libxml2: https://gitlab.gnome.org/GNOME/libxml2

    Función de exportación de GIF animado

         Para a compatibilidade da exportación de GIF animados (presentacións
         de diapositivas), é necesaria a biblioteca «libimagequant» (do
         proxecto «pngquant2»).

         https://github.com/ImageOptim/libimagequant

    Ferramentas NetPBM (opcional) Xa non se usa, de xeito predeterminado

         En Linux e Unix, as versións anteriores de Tux Paint utilizaban as
         ferramentas NetPBM para axudar á impresión. (Tux Paint xera un PNG e
         convértese nun PostScript usando as ferramentas da liña de ordes
         NetPBM «pngtopnm» e «pnmtops»).

         http://netpbm.sourceforge.net/

Compilación e instalación:

     Tux Paint publícase baixo a Licenza Pública Xeral de GNU (GPL) (consulte
     «COPYING.txt» para máis detalles) e, polo tanto, o «código fonte» do
     programa está dispoñíbel libremente.

  Usuarios de Windows:

    Compilación:

         A partir de febreiro de 2005 (comezando con Tux Paint 0.9.15), o
         «Makefile» inclúe compatibilidade para construír nun sistema Windows
         usando MinGW/MSYS (http://www.mingw.org/).

         Após configurar o contorno e construír e instalar todas as
         dependencias, use estas ordes en MSYS para construír, instalar e
         executar:

      Antes da versión 0.9.20:

           $ make win32
           $ make install-win32
           $ tuxpaint

      Versión 0.9.20 e posteriores:

           $ make
           $ make install
           $ tuxpaint

         Use a seguinte orde para crear unha versión axeitada para a
         redistribución co instalador ou nun ficheiro zip:

           $ make bdist-win32

         Ou se está a construír para Win9x/ME:

           $ BDIST_WIN9X=1 make bdist-win32

         Antes de que calquera dos anteriores funcione, cómpre configurar o
         contorno e construír ou instalar as bibliotecas das que depende Tux
         Paint. John Popplewell xuntou aquí algunhas instrucións para facelo:

         http://www.johnnypops.co.uk/tuxpaint/

         Lea as notas pertinentes se está a construír para Win9X/ME.

    Executar o instalador:

         Faga dobre clic no executábel do instalador de Tux Paint (ficheiro
         .EXE) e siga as instrucións.

         En primeiro lugar, solicitaráselle que acepte a licenza. (É a
         Licenza pública xeral de GNU (GPL), que tamén está dispoñíbel como
         «COPYING.txt»).

         Após preguntaráselle se quere instalar accesos directos a Tux Paint
         no seu menú de inicio de Windows e no escritorio de Windows.
         (Ámbalas dúas opcións están definidas de xeito predeterminado.)

         A seguir preguntaráselle onde quere instalar Tux Paint. O valor
         predeterminado debería ser axeitado, sempre que haxa espazo
         dispoñíbel. Se non, escolla un lugar diferente.

         Neste punto, pode premer en «Instalar» para instalar Tux Paint.

    Cambiar os axustes usando o acceso directo:

         Para cambiar os axustes do programa, prema co botón dereito no
         atallo de TuxPaint e seleccione «Propiedades» (na parte inferior).

         Asegúrese de que a lapela «Atallo» está seleccionada na xanela que
         aparece e examine o campo «Obxectivo:». Debería ver algo así:

           "C:\Program Files\TuxPaint\TuxPaint.exe"

         Agora pode engadir opcións de liña de ordes que se activarán ao
         facer dobre clic na icona.

         Por exemplo, para que o xogo se execute en modo de pantalla
         completa, con formas sinxelas (sen opción de rotación) e en francés,
         engada as opcións (após «TuxPaint.exe»), así:

           "C:\Program Files\TuxPaint\TuxPaint.exe" -f -s --lang french

         (Vexa a documentación principal para obter unha lista completa das
         opcións dispoñíbeis da liña de ordes.)

         Se se trabuca ou desaparece todo, use [Ctrl] + [Z] para desfacer ou
         só prema a tecla [Esc] e a caixa pecharase sen facer cambios (a non
         ser que premera o botón «Aplicar»).

         Cando teña rematado, prema en «Aceptar».

    Se algo vai mal:

         Se ao facer dobre clic no atallo para executar Tux Paint, non ocorre
         nada, probabelmente sexa porque algunhas destas opcións da liña de
         ordes son incorrectas. Abra un explorador de ficheiros coma antes e
         busque un ficheiro chamado «stderr.txt» no cartafol TuxPaint.

         Conterá unha descrición do que estaba mal. Normalmente só se debe a
         maiúsculas e minúsculas incorrectas (maiúsculas «Z» no canto de
         minúsculas «z») ou a falta (ou exceso) de «-» (guións).

  Usuarios de Linux/Unix:

    Compilación:

         Nota: Tux Paint non usa autoconf/automake, polo que non hai ningún
         script «./configure» para executar. Non obstante, a compilación
         debería ser directa, supoñendo que todo o que precisa Tux Paint está
         instalado.

         Para compilar o programa dende o código fonte, simplemente execute a
         seguinte orde dende un indicador do sistema (p. ex.: «$»):

           $ make

    Desactivar a compatibilidade de «SVG» (e, polo tanto, as dependencias de
    «Cairo, libSVG, e svg-cairo»:

         Para desactivar a compatibilidade con SVG (por exemplo, se o seu
         sistema non é compatíbel coa biblioteca de Cairo ou outras
         dependencias relacionadas co SVG), pode executar «make» engadindo
         «SVG_LIB= SVG_CFLAGS= NOSVGFLAG=NOSVG»:

           $ make SVG_LIB= SVG_CFLAGS=

    Desactivar a compatibilidade de «Pango» (e, polo tanto, as dependencias de
    «Pango, Cairo, etc.»:

         Antes da versión 0.9.18, Tux Paint utilizaba a biblioteca libSDL_ttf
         para renderizar texto usando tipos de letra TrueType. Dende o 0.9.18
         úsase libSDL_Pango, xa que ten unha mellor compatibilidade coa
         internacionalización. Non obstante, se quere desactivar o uso de
         SDL_Pango, pode facelo executando «make» engadindo «SDL_PANGO_LIB=»:

           $ make SDL_PANGO_LIB=

    Desactivación do son en tempo de compilación:

         Se non te unha tarxeta de son ou prefire construír o programa sen
         asistencia de son (e polo tanto sen a dependencia SDL_mixer), pode
         executar «make» con «SDL_MIXER_LIB=» engadido:

           $ make SDL_MIXER_LIB=

    Outras opcións:

         Outras opcións (p. ex.: rutas de instalación) poden ser anuladas;
         véxaas en «Makefile» para máis detalles.

    Se se producen erros:

         Se recibe algún erro durante o tempo de compilación, asegúrese de
         ter instaladas as bibliotecas axeitadas (ver máis arriba). Se está a
         empregar versións empaquetadas das bibliotecas (por exemplo, RPM en
         RedHat ou DEB en Debian), asegúrese de obter tamén os
         correspondentes paquetes «-dev» ou «-devel», se non, non poderá
         compilar Tux Paint (e outros programas) dende o código fonte.

    Instalar:

         Supoñendo que non se produciron erros graves, agora pode instalar o
         programa para que os usuarios do sistema poidan executalo. De xeito
         predeterminado, isto debe facelo o usuario «root» («superusuario»).
         Cambie a «root» escribindo a orde:

           $ su

         Introduza o contrasinal de «root» no indicador do sistema. Agora
         debería ser «root» (cun indicador como «#»). Para instalar o
         programa e os seus ficheiros de datos, escriba:

           # make install

         Finalmente, pode volver ao seu usuario habitual saíndo do modo de
         superusuario:

           # exit

         Como alternativa, pode simplemente usar a orde «sudo» (po.ex.: en
         Ubuntu Linux):

           $ sudo make install

         Nota: De xeito predeterminado, «tuxpaint», o programa executábel,
         colócase en «/usr/local/bin/». Os ficheiros de datos (imaxes, sons,
         etc.) colócanse en «/usr/local/share/tuxpaint/».

      Cambiar onde van as cousas

           Pode cambiar onde irán as cousas axustando as variábeis de
           «Makefile» na liña de ordes. «DESTDIR» úsase para colocar a saída
           nunha área de espera para a creación de paquetes. «PREFIX» é a
           base de onde van todos os demais ficheiros e, de xeito
           predeterminado, está estabelecido en «/usr/local».

           Outras variábeis son:

           BIN_PREFIX
                   Onde se instalará o binario «tuxpaint». (Estabelécese como
                   «$(PREFIX)/bin»como predeterminado, p. ex.:
                   «/usr/local/bin»)

           DATA_PREFIX
                   Onde irán os ficheiros de datos (son, gráficos, pinceis,
                   selos, tipos de letra) e onde os buscará Tux Paint cando
                   se execute. (Estabelecer en «$(PREFIX)/share/tuxpaint»)

           DOC_PREFIX
                   Onde irán os ficheiros de texto da documentación (o
                   directorio «docs»). (Estabelecer como
                   «$(PREFIX)/share/doc/tuxpaint»)

           MAN_PREFIX
                   Onde irá a páxina do manual de Tux Paint. (Estabelecer
                   como «$(PREFIX)/share/man»)

           ICON_PREFIX — $(PREFIX)/share/pixmaps

           X11_ICON_PREFIX — $(PREFIX)/X11R6/include/X11/pixmaps

           GNOME_PREFIX — $(PREFIX)/share/gnome/apps/Graphics

           KDE_PREFIX — $(PREFIX)/share/applnk/Graphics
                   Onde irán as iconas e os lanzadores (para GNOME e KDE).

           LOCALE_PREFIX
                   Onde irán os ficheiros de tradución para Tux Paint e onde
                   os buscará Tux Paint. (Estabelécese en
                   «$(PREFIX)/share/locale/») (A localización final dun
                   ficheiro de tradución estará no directorio da
                   configuración local (por exemplo, «es» para o español),
                   dentro do subdirectorio «LC_MESSAGES»).

           Nota: Esta lista non está actualizada. Consulte «Makefile» e
           «Makefile-i18n» para ver unha lista completa.

Depuración:

     A depuración (a «STDOUT», por exemplo, á terminal ou a un ficheiro
     «stdout.txt» en Windows) pódese activar co axuste «DEBUG» (e, se se
     quere un rexistro detallado, «VERBOSE») #define en «src/debug.h».

Desinstalación de Tux Paint:

  Windows

    Uso do desinstalador

         Se instalou os atallos do menú Inicio (o predeterminado), vaia ao
         cartafol TuxPaint e seleccione «Desinstalar». Amosarase unha caixa
         que confirmará que está a piques de desinstalar Tux Paint e, se está
         seguro de que quere eliminar permanentemente Tux Paint, prema no
         botón «Desinstalar».

         Cando remate, prema no botón pechar.

    Usar o Panel de control

         Tamén é posíbel usar a entrada «TuxPaint (só eliminar)« na sección
         Engadir/Eliminar programas do Panel de control.

  Linux

       Dentro do directorio de orixe de Tux Paint (onde compilou Tux Paint),
       pode usar o destino «make uninstall» para desinstalar Tux Paint. De
       xeito predeterminado, debe facelo o usuario «root» («superusuario»),
       mais se instalou Tux Paint noutro lugar (por exemplo, usando a
       configuración «PREFIX=...» en «make» e «make install»), pode que non e
       queira proporcionar a mesma configuración aquí. (Consulte as
       instrucións de instalación anteriores para obter máis información.)
