                                   Tux Paint
                                 versión 0.9.26
                               Documentación PNG

    Copyright © 2007-2021 por varios colaboradores; vexa AUTHORS (AUTORES).
                            http://www.tuxpaint.org/

                               9 de Marzo de 2021

     ----------------------------------------------------------------------

Sobre os PNG

   PNG é o formato de Gráficos de Rede Portátiles. É un estándar aberto, non
   lastrado polas patentes (como os GIF). É un formato moi comprimido (aínda
   que non é «con perda» como os JPEG: a perda permite que os ficheiros sexan
   moito máis pequenos, mais introduce «erros» na imaxe cando se gardan) e
   admite cores de 24 bits (16,7 millóns de cores), así como unha «canle
   alfa» completo, é dicir, cada píxel pode ter un grao de transparencia
   variábel.

   Para obter máis información, visite:http://www.libpng.org/

   Estas características (apertura, perda, compresión, transparencia/alfa)
   convérteno na mellor opción para Tux Paint. (A compatibilidade de Tux
   Paint co formato PNG procede da biblioteca de código aberto SDL_Image, que
   á súa vez a obtén da biblioteca libPNG.)

   A compatibilidade con moitas cores permite utilizar imaxes de «selo de
   caucho» de calidade fotográfica en Tux Paint e a transparencia alfa
   permite pinceis de alta calidade.

Como facer imaxes PNG

   A continuación amosarase unha lista moi breve de xeitos de crear PNG ou
   converter as imaxes existentes a PNG.

  GIMP & Krita

   GIMP e Krita son dúas excelentes ferramentas coas que crear imaxes PNG
   para usar en Tux Paint , ambos son programas de debuxo interactivo e
   edición de fotos de código aberto de alta calidade.

   É probábel que un ou ambos xa estean instalados no seu sistema. Se non,
   deberían estar dispoñíbeis no repositorio de software da súa distribución
   Linux. Se non é así, ou para obter máis información, visite
   http://www.gimp.org/ e http://www.krita.org/ respectivamente.

  Ferramentas da liña de ordes

    NetPBM

   As ferramentas de Mapas de bits Portátil –Portable Bitmap– (coñecidas
   colectivamente como «NetPBM») son unha colección de ferramentas de liña de
   ordes de código aberto que converten a e dende varios formatos, incluíndo
   GIF, TIFF, BMP, PNG e moitos máis.

   É posíbel que xa estea instalado no seu sistema. Se non, estarán
   dispoñíbeis no repositorio de software da súa distribución Linux. Se non é
   así, ou para saber máis, visite http://netpbm.sourceforge.net/.

    cjpeg/djpeg

   Os programas de liña de ordes «cjpeg» e «djpeg» converten entre o formato
   NetPBM Calquera mapa portátil –Portable Any Map– (PNM) e os JPEG. É
   posíbel que xa estea instalado no seu sistema. Se non, estarán dispoñíbeis
   no repositorio de software da súa distribución Linux. Se non é así, ou
   para saber máis, visite https://jpegclub.org/.

  Usuarios de Windows

     * CorelDRAW (Corel) — http://www.corel.com/
     * Illustrator (Adobe) — http://www.adobe.com/products/illustrator.html
     * Paint Shop Pro (Corel) — https://www.paintshoppro.com/
     * Photoshop (Adobe) — http://www.adobe.com/products/photoshop.html
     * PIXresizer (Bluefive software) —
       http://bluefive.pair.com/pixresizer.htm

  Usuarios de Macintosh

     * CorelDRAW (Corel) — http://www.corel.com/
     * GraphicConverter (Lemke Software) —
       https://www.lemkesoft.de/mac-fotobearbeitung-mac-diashow-mac-grafikprogramm-mac-bildbetrachter/
     * Illustrator (Adobe) — http://www.adobe.com/products/illustrator.html
     * Photoshop (Adobe) — http://www.adobe.com/products/photoshop.html
