
======================================================================
Ficheiro Léame do OOo-dev 3.4
======================================================================


Para as últimas atualizacións deste ficheiro LEAME, ver http://www.openoffice.org/welcome/readme.html

Este ficheiro contén información importante sobre este programa. Léaa con atención antes de iniciar o seu traballo.

A comunidade OpenOffice.org, responsábel do desenvolvemento deste produto, convídao a participar como un membro da comunidade. Como novo usuario, pode navegar no sitio do  OOo-dev que contén informacións útiles para o usuario en http://www.openoffice.org/about_us/introduction.html

Lea tamén as seccións abaixo indicadas sobre como familiarizarse co proxecto OpenOffice.org. 

É OOo-dev realmente gratis para calquera? 
----------------------------------------------------------------------

OOo-dev é de uso libre por calquera persoa. Vostede pode coller esta copia do OOo-dev e instalala en tantos computadores como queira, e usalo para calquera propósito que queira (incluído comercial, gobernamental, administración pública e uso educativo). Para máis detalles vexa a licenza entregada canda o OOo-dev ou http://www.openoffice.org/license.html

Por que OOo-dev é gratis para calquera persoa?
----------------------------------------------------------------------

Vostede pode usar hoxe esta copia de OOo-dev libre de cargo porque persoas individuais e patrocinadores corporativos deseñaron, desenvolveron, testaron, traduciron, documentaron, deron asistencia, publicidade e axudaron doutras moitas maneiras a facer OOo-dev o que é hoxe en día - a suite ofimática máis importante do mundo feita con software libre.

Se aprecia os esforzos da comunidade e quere asegurar que OpenOffice.org siga no futuro, considere contribuír co proxeto. Ver http://contributing.openoffice.org para máis detalles. Todo o mundo pode contribuír con algo.

----------------------------------------------------------------------
Notas sobre a instalación
----------------------------------------------------------------------

Requisitos do sistema:
----------------------------------------------------------------------

* Sistema operativo Solaris 10 (plataforma x86) ou superior
* 256 MB RAM (recoméndase 512 MB RAM)
* Ata 1.55 GB de espazo dispoñíbel en disco
* Servidor gráfico cunha resolución de 1024x768 (recoméndase unha resolución superior), cun mínimo de 256 cores
* Xestor de xanelas
* Gnome 2.6 ou superior, cos paquetes gail 1.8.6 e at-spi 1.7, requiridos para a dispoñibilidade das ferramentas de asistencia tecnolóxica (ferramentas AT)

Asegúrese de que ten suficiente memoria libre no cartafol temporal do seu sistema e que posúe dereitos de lectura, gravación e execución. Peche todos os outros programas antes de iniciar a instalación.

----------------------------------------------------------------------
Incompatibilidade de extensión de base de datos
----------------------------------------------------------------------

O motor de base de datos Berkeley foi anovado nesta versión de OOo-dev. A anovación do motor de base de datos introduce unha incompatibilidade cos datos de usuario das extensións instaladas da OOo-dev para versións anteriores á 3.2 que poden necesitar a súa intervención se vostede volve a unha versión anterior de OOo-dev.

Esta versión de OOo-dev converterá a extensión da base de datos ao novo formato de base de datos Berkeley cando as extensións sexan instaladas ou eliminadas. Logo desta conversión, a base de datos xa non se poderá ler con versións anteriores de OOo-dev. A regresión a unha versión anterior pode significar unha instalación disfuncional.

Se volve a unha versión anterior de OOo-dev, debe eliminar o cartafol de datos do usuario {user data}/uno_packages, por exemplo ~/.

----------------------------------------------------------------------
Controlador da axenda de enderezos de Mozilla
----------------------------------------------------------------------

O controlador da axenda de enderezos de Mozilla require o paquete SUNWzlib. Este paquete non fai parte da instalación mínima do sistema operativo Solaris. Se necesita acceso á axenda de enderezos de Mozilla, engada este paquete ao seu sistema operativo Solaris usando a orde "pkgadd" a partir do CD de instalación.

----------------------------------------------------------------------
Teclas de atallo
----------------------------------------------------------------------

As únicas teclas de atallo (combinacións de teclas) que se poden utilizar en OOo-dev son aquelas non utilizadas polo sistema operativo. Por iso, se algunha combinación de teclas non funciona en OOo-dev conforme se describe na Axuda de OOo-dev, comprobeverifique se o sistema operativo xa usa ese atallo. Para corrixir eses conflitos, altere as teclas atribuídas polo seu sistema operativo ou modifique as atribucións de teclas de OOo-dev. Para obter máis información, consulte a Axuda de OOo-dev ou a documentación de axuda do seu sistema operativo.

----------------------------------------------------------------------
Bloqueo de ficheiros
----------------------------------------------------------------------

O bloqueo de ficheiros está activado de modo predeterminado en OOo-dev. Nunha rede co protocolo NFS (Network File System), o demoño de bloqueo para clientes NFS debe estar activo. Para desactivar o bloqueo de ficheiros, edite o script soffice e cambie a liña "export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING" a "# export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING". Se desactiva o bloqueo de ficheiros, non haberá restrición de aceso de escritura dun documento para o usuario que primeiro abra o documento.

Aviso: O bloqueo de ficheiros pode causar problemas con Solaris 2.5.1 e 2.7 cando se utiliza con Linux NFS 2.0. Se o contorno do seu sistema ten estes parámetros, recomendámoslle que evite usar o bloqueo de ficheiros. De non o facer, OOo-dev ficará trabado sempre que tente abrir un ficheiro dun cartafol montado por medio de NFS nun computador con Linux.

----------------------------------------------------------------------
Notas importantes de accesibilidade
----------------------------------------------------------------------

Para máis detalles sobre características de acessibilidade no OOo-dev, ver http://www.openoffice.org/access/

----------------------------------------------------------------------
Rexistro
----------------------------------------------------------------------

Cando instale o software, non deixe de completar o proceso mínimo de rexistro do produto. Aínda que o rexistro é opcional, animámolo a facelo, pois esa información permítelle á Comunidade desenvolver un software ofimático aínda mellor e atender directamente as necesidades do usuario. Coa política de privacidade, a Comunidade OOo-dev toma todas as precaucións precisas para preservar os seus datos persoais. Se non realizou o rexistro durante a instalación, poderá facelo en calquera momento premendo en "Axuda >Rexistro" desde o menú principal.

----------------------------------------------------------------------
Enquisa de usuario
----------------------------------------------------------------------

Hai tamén unha enquisa en liña para o usuario que lle pedimos que cubra. Os resultados axudarán a OOo-dev a estabelecer, máis rapidamente, novos estándares para a creación do paquete ofimático de próxima xeración. A través da súa politica de privacidade, a Comunidade OOo-dev toma todas as precaucións precisas para preservar os seus datos persoais.

----------------------------------------------------------------------
Asistencia do usuario
----------------------------------------------------------------------

A páxina principal de asistencia http://support.openoffice.org/ ofrece varias posibilidades para obter axuda sobre OOo-dev. A súa pregunta pode xa ter sido respondida - busque no foro da comunidade en http://user.services.openoffice.org ou procure os arquivos da lista de discusión 'users@openoffice.org' en http://www.openoffice.org/mail_list.html. Alternativamente, pode enviar as súas preguntas a users@openoffice.org. Para asinar a lista para receber a súa resposta, vexa esta páxina: http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Website/Content/help/mailinglists.

Visite tamén a sección de FAQ en http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Documentation/FAQ.

----------------------------------------------------------------------
Informar de erros & incidencias
----------------------------------------------------------------------

O sitio web de OOo-dev aloxa o IssueZilla, o noso mecanismo de xeración de informes, seguimento e solución de erros e incidencias. Animamos os usuarios a que se sintan incluídos e saiban benvidos os informes sobre os problemas que poidan xurdir na súa plataforma. O informe activo de problemas é unha das maiores contribucións que a comunidade de usuarios pode ofrecer para o desenvolvemento e mellora do conxunto dos programas.

----------------------------------------------------------------------
Participación
----------------------------------------------------------------------

A Comunidade OOo-dev sairía moi beneficiada da súa participación activa no desenvolvemento deste importante proxecto de software libre.

Como usuario, vostede xa é unha parte valiosa do proceso de desenvolvemento do conxunto, mais gustaríanos animalo a desempeñar un papel aínda máis activo como colaborador habitual da comunidade. Únase e visite a páxina de usuario en: http://www.openoffice.org

Como comezar
----------------------------------------------------------------------

A mellor maneira de comezar a contribuír é inscribirse nunha ou máis listas de correo, observar por un tempo e usar gradualmente o arquivo de mensaxes para se familiarizar con algúns dos temas tratados desde que o código fonte de OOo-dev foi liberado en outubro de 2000. Cando se sinta máis cómodo, o único que ten que facer é enviar un correo electrónico de presentación e comezar a participar. Se está familiarizado cos proxectos relacionados co software libre, mire a nosa lista de To-Do e vexa se hai algo co cal lle gustaría axudar en http://development.openoffice.org/todo.html.

Subscribirse
----------------------------------------------------------------------

Eis algunhas listas de discusión interesantes para asinar en http://www.openoffice.org/mail_list.html

* Novas: announce@openoffice.org *recomendada para todos os usuarios* (tráfico baixo)
* Foro de usuarios principal: user@openoffice.org *maneira fácil de observar as discusións* (tráfico intenso)
* Proxecto de márketing: dev@marketing.openoffice.org *en desenvolvemento* (tráfico en aumento)
* Lista de colaboradores de código xeral: dev@openoffice.org (moderado/intenso)

Como participar nun ou máis proxectos
----------------------------------------------------------------------

Pode facer grandes contribucións a este proxecto de software libre mesmo sen ter moita experiencia con manexo do código ou co deseño de software. Si, vostede mesmo!

En http://projects.openoffice.org/index.html atopará proxectos que van da localización, portabilidade e software de equipo (groupware) ata algúns proxectos verdadeira programación do núcleo. No caso de non ser programador, probe co proxecto de documentación ou co de márketin. O proxecto de márketin de OpenOffice.org está a aplicar técnicas comerciais aventuradas e tradicionais para comercializar o software de código aberto, rompendo barreiras culturais e de idioma. Por iso, pode axudarnos simplemente recomendando a un amigo este paquete ofimático.

Mesmo pode axudar participando da rede de Marketing Communications & Information en http://marketing.openoffice.org/contacts.html onde é posíbel fornecer un ponto de contato coa prensa, os media, institucións oficiais, consultores, escolas, grupos de usuarios de Linux e desenvolvedores no seu país e na súa comunidade local.

Esperamos que aprecie traballar co novoOOo-dev 3.4 e que se una a nós en liña.

A Comunidade OpenOffice.org

----------------------------------------------------------------------
Código fonte usado / modificado
----------------------------------------------------------------------

Portions Copyright 1998, 1999 James Clark. Portions Copyright 1996, 1998 Netscape Communications Corporation.